Vigo acolle o 12 e 13 de abril o ViCON 2019, o primeiro congreso de ciberseguridade
O Concello coopera cos organizadores na celebración deste evento, que supón unha evolución das charlas de seguridade informática Hack&Beers e que foi presentado este mércores. No MARCO e con acceso gratuíto, poñentes de contrastada experiencia ofrecerán a súa visión e coñecementos en ciberseguridade.
Na presentación en rolda de prensa, Carlos Font amosou a súa "satisfacción" pola presentación e celebración na cidade de ViCON 2019, dado o interese que ten a seguridade informática tanto no ámbito público como no privado.
Antonio Fernandes explicou que os organizadores, vigueses, levan desde os anos noventa traballando en seguridade informática e viaxando a congresos nacionais e internacionais. Así naceu a idea de organizar un evento en Vigo ao que traer a expertos, "primeiros espadas da ciberseguridade en España", como Joel Serna, Yago Hansen o Paula de la Hoz.
A organización engadiu que no MARCO vaise falar dos asuntos máis interesantes actualmente en materia de ciberseguridade, como son a evolución das comunicacións militares ao longo da historia ou como é posible roubar os datos de móbiles e ordenadores a través dos seus cargadores.
José Luis Rivas, tamén pola organización, recordou que as universidades galegas levan desde os anos 90 traballando na ciberseguridade, co que tanto Vigo como Galicia contan cunha ampla traxectoria docente na materia. ViCON é, polo tanto, consecuencia da suma das experiencia de directores e profesores, entre os que se atopa o propio Rivas, unidos para o nacemento deste evento.
Descargar todas as imaxes