O rexedor agradece ao Ministerio de Fomento a inclusión do tren do Noroeste no Corredor Atlántico
Abel Caballero quixo deixar constancia oficial do recoñecemento ao Goberno Central por ter incluído a conexión Vigo-León dentro do Corredor Atlántico. Na súa opinión, este proxecto -con dotación orzamentaria - permitirá ao territorio gañar en competitividade ao permitir sacar as mercadorías desde o Porto cara ao resto de Españe e máis Europa.
O alcalde de Vigo destacou esta mañá a importancia de decisión do Goberno Central de incorporar no Corredor do Atlántico a liña de tren que une León e Vigo. A inclusión da vella vía ferroviaria -modernizada- permitirá gañar competitividade coa saída de mercadorías desde o Porto de Vigo cara ou resto de España e Europa. Caballero, quen xa falou co ministro, quixo deixar constancia oficial do seu recoñecemento ao Ministerio de Fomento e ao seu titular José Luís Ábalos porque "desbloqueou unha das grandes demandas desta cidade". Un desbloqueo con dotación económica ao que se suma, entre outros, a estación de Thom Mayne ou o AVE directo por Cerdedo -coa licitación do estudio hidrolóxico-. En declaracións aos medios, Caballero reiterou a súa vontade de trasladar ao goberno de Pedro Sánchez o seu recoñecemento e a cooperación do goberno local. Rematou animando á Xunta que emule aos empresarios e apoie este proxecto tan importante para o territorio.
Descargar todas as imaxes