O goberno de Vigo solicita a bandeira azul para Samil
"Vamos a conseguir a bandeira azul para Samil", indicou este xoves Abel Caballero, quen recordou que a excelencia na calidade de auga na desembocadura do río xa está conseguida coa nova depuradora. Vigo aspira polo tanto a obter este verán trece distincións azuis: dez areais e tres sendeiros.
Caballero informou este xoves dos principais asuntos abordados pola Xunta de Goberno Local, entre os que subliñou a candidatura a bandeira azul de dez praias e tres sendeiros para este verán, coa novidade da praia de Samil.
O alcalde amosou a súa confianza en obter esta distinción para o areal de Samil, que non fora pedido en anos pasados porque na desembocadura do Lagares a calidade de auga non cumpría os requisitos de excelencia -sen supor risco de ningún tipo- demandados pola entidade que concede as bandeiras azuis.
Este ano, e grazas á entrada en funcionamento da nova estación depuradora, anotou Caballero, Samil está en disposición de conseguir o galardón. Xunto a esta, Vigo agarda revalidar os doce recoñecementos de 2018, é dicir, as bandeiras azuis nas praias da Punta, Tombo do Gato, Argazada, Fontaíña, O Vao, Canido, Fortiñón, Rodas e Figueiras, ademais dos tres sendeiros azuis (Camiño a Beiramar, Senda entre faros nas Illas Cíes e Senda litoral e do monte da Guía).
Outros acordos
O goberno vigués tamén validou este xoves a clasificación das ofertas presentadas -antiga adxudicación provisional- para acometer a ampliación do parque infantil de Maruja Mallo, un "novo macro parque infantil", en verbas de Caballero, que dispón dun orzamento de 400.000 euros. O novo recinto contará cunha zona común e espazos diferenciados para nenos de menos e de máis de 5 anos, con pentacolumpios, cama elástica, un megacarrusel e tirolina, entre outros elementos.
En segundo lugar, o Concello adxudicou os traballos de humanización dunha nova fase de García Barbón, desta volta na marxe impar do tramo comprendido entre as rúas Serafín Avendaño e a confluencia con Rosalía de Castro. O goberno presidido por Caballero prevé investir case que 400.000 euros nesta remodelación.
Por último, foi aprobada a transferencia dos fondos que o Concello achega ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo, un total de 605.000 euros que representa o 75% do orzamento do MARCO para o presente ano.