O Concello enviará mil alumnos a estudar idiomas ao país de orixe, cun orzamento de 2,2 millóns
O alcalde deu conta esta mañá da ampliación ata 900 do número de bolsas de idiomas para alumnos de 3º da ESO, unha cifra á que hai que sumar outras cen achegas para alumnos da Escola de idiomas. O Concello aumentará en 340.000 euros a achega para cubrir o aumento de solicitudes de estudantes de Secundaria dado que se rexistraron 962, fronte ás 750 prazas previstas.
O Concello atenderá as 962 solicitudes que cumpren os requisitos para acceder ao "extraordinario" programa Vigo en inglés 2019. Tendo en conta as previsibles renuncias, o goberno local utilizará a marxe de aumento dun 20% do número de prazas que prevé o contrato, de forma que se poidan outorgar unhas 900 achegas.
O ano pasado foron 766 as solicitudes que cumprían os requisitos e foron atendidas -descontadas as habituais renuncias-, unha cifra que este ano foi máis elevada e que obrigará a aumentar en 340.000 euros o orzamento. As prazas previstas neste 2019 eran 750, pero contabilizadas as peticións, o orzamento ascenderá a 2.044.000 euros, unha cifra á que haberá que sumar outras 100 bolsas para os alumnos da Escola de Idiomas.
Descargar todas as imaxes