Escoitar

Abel Caballero inaugura o Congreso Fecora de Formación Profesional

O alcalde participou no acto de apertura deste certame dirixido a máis dun centenar de estudantes de FP, que presentarán traballos de investigación relacionados cos ciclos que imparte o CPR Fillas de Mª Inmaculada. "¿Atréveste?", o lema deste ano.

venres, 12 abr 2019
1555073279fecora.JPG
A organización prevé a participación de aproximadamente 150 alumnos e alumnas e vinte docentes de Formación Profesional. Ao certame, inaugurado este venres polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, se presentarán traballos de investigación relacionados cos ciclos impartidos polo colexio: Hixiene bucodental, Mediación comunicativa, Atención á persoas en situación de dependencia, Actividade comerciais e Arranxos de prendas téxtiles.

Fecora vense celebrando desde o curso 2006/2007 e procura o desenvolvemento do alumnado, que ten a oportunidade de presentar traballos relacionados coa súa área, potenciando o traballo en equipo e incentivando que os estudantes descubran a súa vocación e saída profesional.

O certame, que este ano leva como lema "¿Atréveste?", foi inaugurado ás dez da mañá deste venres, coa intervención do alcalde e dos responsables do colexio, xusto antes do inicio dos relatorios sobre os que decidirá o xurado.
Descargar todas as imaxes