xoves, 11 abril 2019

O rexedor pon en valor aos escolares como parte importante da cidade

xoves, 11 abr 2019

Abel Caballero visitou este xoves o Colexio Plurilingüe Calasancias onde foi sometido a unha entrevista polo alumnado, interesado en coñecer o seu labor como alcalde e a súa faceta máis persoal. Caballero felicitounos polo traballo realizado e destacou a importancia dos nenos e nenas na configuración da cidade que debe construírse pensando, especialmente, nos maiores e nos máis pequenos.