O goberno local aproba o proxecto de cubrición do patio do colexio García Barbón
O Concello de Vigo xa cubriu os patios dos colexios Castelao, Carballal e Rocío e vén de aprobar o proxecto para o García Barbón. En rolda de prensa, explicou que tamén están en tramitación os dos centros de Canicouva, Balaídos e Pintor Laxeiro.
O goberno local aprobou o proxecto de cubrición do patio do colexio García Barbón, un dos máis grandes da cidade e que aínda non contaba cunha zona de recreo cuberta. Case 200.000 euros de orzamento a cargo do superávit de 2017. Nestes momentos, o Concello xa rematou os patios do colexios Castelao, Carballal e do Rocío. En licitación, atópase o do Canicouva e, finalmente, en proxecto, están os de Balaídos e os do Pintor Laxeiro. En rolda de prensa, o rexedor reiterou que hai peticións doutros catorce centros, todos eles competencia da Xunta.
A Xunta de Goberno adxudicou o servizo para o mantemento e reparación dos equipos informáticos, multimedia e a rede de datos dos centros municipais de distrito de Bouzas, Casco Vello, Saiáns, Teis e Coruxo. Cun importe de case 75.000 euros, o contrato estipula un tempo máximo de resposta ante incidencias dunha hora, o que, en verbas do alcalde, demostra o interese municipal no bo funcionamento destas dependencias municipais.
Outro dos asuntos que recibiron luz verde foi a adxudicación por procedemento aberto dos servizos de deseño e produción de cinco carrozas para a Cabalgata de Reis 2019. Trátase dun contrato de 60.000 euros e o desfile terá como fío condutor os espectáculos infantís, teatro, circo, monicreques....