martes, 11 dec 2018
O alcalde informou este martes de que o Concello de Vigo iniciou a tramitación para desenvolver o plan urbanístico que permita á firma Precisgal, subministradora da multinacional Rolls Royce, ampliar as súas instalacións industriais.
martes, 11 dec 2018
O alcalde e o reitor acordaron esta mañá subscribir un convenio que permitirá reverter na Universidade o importe do IBI que abona ao Concello. Deste xeito, Concello e entidade educativa pactarán as actividades ás que se vai dedicar este importe.
martes, 11 dec 2018
A través dun convenio de colaboración co que Vodafone opta ao concurso Red.es do Ministerio de Economía que permitirá implantar a tecnoloxía 5G na cidade, sendo unha das primeiras de España en conseguilo.
martes, 11 dec 2018
Abel Caballero recibiu un agasallo da dirección do centro e unha camiseta do equipo feminino de baloncesto, como recoñecemento ao apoio do Concello. O primeiro edil tamén dirixiuse ao alumnado do último curso e tomou parte do acendido do belén xunto aos máis pequenos do colexio.
martes, 11 dec 2018
O alcalde de Vigo, a vicepresidenta de Unicef Galicia, Gloria del Río, e unha representación do Patín Vagalume Celtamotor e do FPR El Olivo, clubs que organizan o evento, presentou a Gala Multicor, unha exhibición de patinaxe artística que se celebrará este sábado no Central das Travesas (16:30 horas).
martes, 11 dec 2018
Abel Caballero celebrou o "traballo e talento" dos deportistas vigueses perceptores dunha bolsa da Fundación VIDE que impulsa o Concello e, no que foi salón de sesións do antigo Concello na Praza da Constitución ata os anos 70, anunciou que para o vindeiro ano "imos repensar canto esforzo máis podemos dedicar ao deporte individual".