O goberno de Vigo e Vodafone cooperan nun "gran" proxecto piloto de tecnoloxía 5G
A través dun convenio de colaboración co que Vodafone opta ao concurso Red.es do Ministerio de Economía que permitirá implantar a tecnoloxía 5G na cidade, sendo unha das primeiras de España en conseguilo.
A Xunta de Goberno Local dará luz verde ao convenio de colaboración con Vodafone para a implantación dun proxecto piloto de tecnoloxías 5G en Vigo. Abel Caballero explicou que a proposta de cooperación opta ao concurso RED.ES do Ministerio de Economía e Empresa para financiarse e, no caso de resulta gañadora, "e cremos que o imos ser", Vigo sería unha das "primeiras cidades de España" en gozar dos servizos 5G, que ofrece alta velocidade e capacidade coa posibilidade de realizar comunicacións extraordinariamente fiables e masivas.
Para o rexedor, entramos nun "gran proxecto de altas tecnoloxías" e un dos "máis importantes" que se está levando adiante nestes momentos.
Así, o acordo contempla a colaboración en diferentes proxectos como a promoción de Illas Cíes, obxectivo Patrimonio da Humanidade mediante dispositivos de realidade aumentada en eventos e escolas; o uso do 5G no proxecto do coche autónomo da cidade en colaboración co CTAG, a retransmisión dos principais eventos deportivos da cidade, o uso do 5G en liñas de transporte público para ofrecer novos servizos de alta velocidade e sistemas en tempo real para comprobar o estado del firme ou da contaminación. Por último, permitirá axudar aos sistemas de seguridade e emerxencias con cámaras de seguridade, sistemas de análise en tempo real con grandes eventos e para situacións de emerxencia.