Escoitar

Cayetano Rodríguez destaca o carácter "poliédrico" da Vigo430, que combina o venres a clásica e o pop-rock

O concelleiro de Cultura participou este luns na presentación do concerto, este venres ás 20:30h no Teatro Afundación, con Aysedeniz Gökçin ao piano e un programa que congrega a Mozart e a grupos como Queen, Coldplay, Muse ou Pink Floyd. O edil comprometeu a colaboración do Concello cunha orquestra de "calidade" aplaudida por público e crítica. <br />

luns, 10 dec 2018
1544449078101218430.jpg
Trátase do terceiro concerto da tempada 2018-2019 da Orquestra Vigo 430, presentado polo concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, xunto ao director do concerto, Carlos Rodríguez, e a pianista Aysedeniz Gökçin.

O edil puxo en valor a "gran orquestra sinfónica" coa que Vigo conta, "a terceira de Galicia", cun proxecto que "é unha auténtica realidade", como amosa que o Outono Lírico recibira o aplauso de crítica e público. O goberno de Vigo "sempre apoiou e seguirá apoiando" á Orquestra Sinfónica Vigo 430, anunciou Rodríguez, unha formación de ámbito local con proxección nacional e internacional.

A Orquestra Sinfónica Vigo 430 contará este venres coa pianista turca Aysedeniz Gökçin, que ofrecerá unha simbiose de música clásica e pop-rock. O público poderá escoitar o concerto nº20 para piano e orquestra de Mozart, seguido por unha serie de cegadores arranxos para piano e orquestra de temas de grupos tan míticos como Pink Floyd, Queen, Coldplay ou Muse. A cita terá lugar este venres 14 de decembro ás 20:30 horas no teatro Afundación, en García Barbón.
Descargar todas as imaxes