venres, 14 dec 2018
Seis profesionais de toda España optan a dirixir o MARCO dentro da convocatoria pública aberta que conta cun Comité Técnico de valoración de gran "independencia e prestixio". Entre outros expertos, forman parte do xurado Miguel Zugaza, actual director do Museo de Belas Artes de Bilbao e ex responsable do Museo do Prado ; así como Juan Miguel Bonet, director do Instituto Valenciano de Arte Contemporáneo entre 1995 a 2000 e, posteriormente, responsable do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.
venres, 14 dec 2018
Abel Caballero reuniuse este venres con representantes dos Puntos de Atención Continuada de Vigo e da súa área metropolitana que lle trasladaron a "situación límite na que se atopan con pouco persoal e unha inmensa sobrecarga de traballo".
venres, 14 dec 2018
O Concello de Vigo remitirá unha carta ao Concello do Mos, á Xunta de Galicia e ao Instituto Xeográfico Nacional na que rexeita a decisión unilateral do pleno mosense sobre os límites do municipio no polígono do Rebullón. "En término políticos é inadmisible e intolerable", sinalou o alcalde.
venres, 14 dec 2018
Abel Caballero recibiu este venres a una representación do Club Baloncesto Seis do Nadal -Coia que lle presentou os actos cos que conmemoran os primeiros 35 anos da súa historia. O vindeiro luns 17 de decembro ás 20 horas no Hotel Coia terá lugar a Gala do 35 aniversario na que lembrarán o pasado e presente do Club e, un día antes, o domingo 16 presentarán oficialmente a temporada 2018/2019 no Pavillón Municipal de Navia. O rexedor felicitounos pola traxectoria desenvolvida e desexoulles todo o éxito nesta nova temporada. <br />
venres, 14 dec 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a terceira edición do Torneo Concello de Vigo - Globalmar de categoría alevín (9-12 anos) que se vai disputar do 26 ao 28 deste mes no pavillón municipal do Loureiro (Carballal), baixo a organización da Agrupación Deportiva Carballal e co apoio de Globalmar Sealand e da Concellería de Deportes.
venres, 14 dec 2018
Coa doazón de bicicletas en desuso, que serán recuperadas por talleres vigueses, as persoas colaboradoras permitirán que os nenos de familias con poucos recursos teñan unha bicicleta este Nadal. Amais, o alcalde avanzou detalles da marcha ciclista Bicis no Nadal que se celebra este domingo día 16.