Escoitar

O rexedor entrega as bolsas VIDE 2017-2018 e anuncia "novas axudas" para o vindeiro ano

Abel Caballero celebrou o "traballo e talento" dos deportistas vigueses perceptores dunha bolsa da Fundación VIDE que impulsa o Concello e, no que foi salón de sesións do antigo Concello na Praza da Constitución ata os anos 70, anunciou que para o vindeiro ano "imos repensar canto esforzo máis podemos dedicar ao deporte individual".

martes, 11 dec 2018
1544601266Becas_concello_2018_3.jpg
Ata vinte e tres mozas e mozos sub-23 recibiron a axuda de VIDE polos seus méritos deportivos da tempada 17-18, cun "récord histórico da representación do deporte feminino" (dezaoito bolseiras), como explicou o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, na introdución do acto de entrega presidido por Caballero.

O xefe do goberno municipal explicou ás deportistas e familiares que o seu obxectivo primordial "é o deporte de base", pero tamén lembrou que "os bolseiros sodes referentes, modelos para toda a canteira" polos éxitos colleitados, e anunciou "novas axudas" para 2019. "Prometín duplicar as axudas ao deporte e máis que as duplicamos neste mandato; agora teño novas ideas respecto diso para potenciarlo" e, en especial, para as axudas ao deporte individual, de parellas, tríos ou cuartetos, que recibe unha subvención (sen límite de idade a través do Concello, Deportes destina 50.000 euros dende 2016) e 20.000 por VIDE para sub-23 dende 2014.

O rexedor, que tivo tempo para chancear ("comos sodes os mellores do mundo tamén temos as mellores luces do mundo", manifestou) viviu o instante máis emotivo coa entrega de cheque á esgrimista Judith Rodríguez, á que deu unha forte aperta.

Deportistas de dez modalidades beneficiáronse desta axuda do Concello a través de VIDE, con dezaoito bolsas individuais, unha a un trío de ximnastas do Flic Flac (Andrea Verísimo, Belén Gómez e Alexandra González) e outra á parella mixta de taekwondistas do Yi Dam formada por Eirim Vaamonde e Aitor Priego. Oito das deportistas, todas mulleres, repetiron sobre as axudas de 2017.
Descargar todas as imaxes