Escoitar

Caballero anima a sumarse á solidariedade do sexto festival Rock Children

O alcalde participou este mércores na presentación xunto aos promotores do evento, que reunirá desde o xoves ata o sábado a unha ducia de bandas de rock na Reserva, na Sala Master e no Transylvania. Os ingresos do festival, en beneficio de AFAN e das familias con menores.

mércores, 12 dec 2018
1544622430121218RockChildren_02.JPG
Xunto aos organizadores -Fran Vázquez, Jorge Rodríguez e Carlos Fernández-, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a sexta edición do festival Rock Children, en beneficio das familias con menores atendidas por AFAN.

Este xoves arranca o evento ás 22 horas na sala Reserva Rock, con actuacións a cargo de The Liar Papers e Kid Bengala, cunha entrada a cinco euros. O venres, na Sala Master, ás 21 horas comezarán os concertos de You Dog, Super Natural, Pacho Brea, Cherokee e Talesien, cun custo de acceso de dez euros. O sábado, e tamén por dez euros, Rock Children clausura a súa sexta edición desde ás 20 horas na Sala Transylvania, con Terader, Strikeback, Kuna de Odio, Blackjack, Adolfo FH & Fran Vázquez, e Malkeda.

A organización pon a disposición do público interesado un bono para os tres días por 20 euros. As entradas poden adquirirse a través da web do festival e en distintos puntos da cidade, como as propias salas Transylvania e Reserva Rock ou en Discos Elepé.

Os organizadores do festival -desde esta edición en memoria de Juan Groba, colaborador falecido este ano- levan semanas cunha poxa de material relacionado coa musica, doados por diferentes colaboradores, cuxos ingresos terán a mesma fin solidaria. Na pasada edición, o Festival conseguiu uns 2.500 euros que foron destinados íntegramente ás familias con menores atendidas polo comedor social AFAN.
1544622430121218RockChildren_02.JPG
1544622935CartelRockChildren.jpg
Descargar todas as imaxes