Escoitar

Aberto o prazo de inscrición no curso "Desenvolvemento web con Java"

A formación presencial impartida pola Fundación Telefónica desenvolverase no Auditorio Mar de Vigo desde o vindeiro luns 17 de decembro e ata o 15 de marzo de 2019. <br />

mércores, 12 dec 2018
A Fundación Telefónica impartirá desde o próximo luns un curso de especialización en Desenvolvemento web con Java no Auditorio Mar de Vigo. 540 horas de formación nunha das profesións demandadas da contorna dixital e específica para desempregados e persoas que queiran mellorar a súa formación.

O curso enmárcase no programa "Conecta empleo", de formación dixital e emprendemento. As persoas interesadas poden inscribirse neste enlace: https://conectaempleo-formacion.fundaciontelefonica.com/candidatos?friendlyURL=/es-vigo-java-ed-1&_ga=2.46686626.484278983.1544432051-52871008.1518175317