O alcalde reclama que a Escola de Arte Dramático sexa estudio universitario e rexeita recortes no profesorado
Abel Caballero saudou este xoves ao alumnado da ESAD, con sede en Navia, que están a reclamar que a Xunta de Galicia equipare os seus estudos aos universitarios. O rexedor recordou que teñen o seu apoio desde hai cinco anos.
O alcalde visitou hoxe xoves o IES Ricardo Mella polo acto de inicio do curso escolar en Secundaria e Bacharelato, instituto ante o cal se concentraron os alumnos e alumnas da Escola Superior de Arte Dramática, con sede en Vigo, para reclamar da Xunta de Galicia que os seus estudos sexan equiparados aos universitarios.
Segundo expuxo Caballero, os estudantes reclaman ser ensino universitario e que non se recorte o profesorado da ESAD, reivindicacións que comparte. O alcalde recordou que estas demandas foron abordadas co director da Escola hai varios anos: "teñen o meu apoio", asegurou.
O alcalde vigués engadiu que tamén reclama que a Escola Superior de Danza estea en Vigo e se emprace en Navia, xunto á de Arte Dramática, de tal forma que poidan compartir auditorio. Abel Caballero saudou aos manifestantes e recordou que "defenden o seu dereito a ter unha boa formación".