Escoitar

Os 750 beneficiarios do "Vigo en Inglés" do Concello parten esta semana a Inglaterra e Irlanda

Este luns voan a Inglaterra os primeiros 38 dos 750 alumnos beneficiarios do programa, todos eles sairán de Vigo ao longo dos próximos oito días. Abel Caballero, que acudiu ao aeroporto, recordou que o Concello concede este ano outras 92 bolsas de estudos a alumnos da Escola de Idiomas.

luns, 17 set 2018
1537188485ingles.JPG
Hoxe luns despegaron os dous primeiros voos con 38 alumnos beneficiarios dunha bolsa de estudos do programa "Vigo en Inglés", todos eles cunha estadía en distintas localidades de Inglaterra, como son Port Talbot, Hafod-Swansea e Pontarddulais.

"É a mostra da nosa vocación de ter unha sociedade viguesa trilingüe, queremos que todos os chicos e chicas de Vigo falen galego, castelán e inglés. E estamos a conseguilo", anotou Caballero, quen ademais puxo en valor que este ano teñen bolsa todos aqueles que a solicitaron e cumpriron cos requisitos.

O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ao aeroporto para despedir aos primeiros grupos de estudantes. Mañá martes parten outros 71 alumnos a distintos destinos de Inglaterra e Irlanda, o xoves voarán outros 172 estudantes, 158 o venres, 112 o sábado, 90 o domingo e un centenar o próximo luns, 24 de setembro.

O goberno de Vigo concede este ano 750 bolsas de inglés a alumnado de 2º de ESO para estadías en institutos de Inglaterra e Irlanda durante un mes. Adica ao efecto 1,7 millóns de euros, aos que se engaden outros 160.000 euros para os 92 alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Vigo que tamén perciben unha axuda deste Concello. Así, a administración que preside Caballero reserva este ano case que 1,9 millóns para as 842 bolsas de estudos no estranxeiro.

Colexios
No eido educativo, Abel Caballero indicou que o Concello vén de contratar a 20 profesionais para a vixilancia e portería de distintos colexios de Vigo, de tal forma que neste momento todos os colexios de Vigo gozan deste posto cuberto.



1537188485ingles.JPG
1537188496inglesa.JPG
Descargar todas as imaxes