Escoitar

O Concello oferta obradoiros de verán de teatro para público de todas as idades

A oferta de obradoiros de verán para público de todas as idades amplíase no mes de xullo con cursos na Escola Municipal de Teatro. O prazo para solicitar esta oferta formativa rematará o próximo 11 de xuño. <br />

martes, 29 mai 2018
A Escola Municipal de Teatro oferta cursos de verán para públicos de todas as idades. Entre o 2 e o 18 de xullo (en horario de 10,00 a 13,00h) , nenos e nenas de entre 8 e 14 anos poderán participar no curso Teatro en inglés, cun prezo de 46 euros. Os interesados nesta formación de máis de 15 anos poderán formar parte de Iniciación á Commedia dell, Arte, que se desenvolverá entre o 2 ao 6 de xullo, entre ás e ás 21,00 h, cun custo de 25,55 euros.

As preinscricións poden facerse ata o próximo 8 de xuño nas instalacións da Escola Municipal de Teatro (avenida Castelao, 87 interior) en horario de 17,15 a 20,15 h de luns a xoves e os venres, de 17,30 a 19,15 h. Para máis información, pódese contactar no 986485324, a través do correo electrónico em.teatro@vigo.org ou consultar a páxina web www.emtvigo.com.