venres, 1 xuñ 2018
Abel Caballero desvelou hoxe un dos dous macro concertos pendentes de pechar o cartel de festas do verán. O próximo 8 de agosto será actuará en Castrelos o cantante colombiano Juanes.
venres, 1 xuñ 2018
A goberno vigués, anunciou Caballero, aprobou o expediente de contratación do futuro pavillón de Romil 77, cun importe de 2.191.542 euros e once meses de obras para máis de 2.600 metros cadrados de polideportivo. O alcalde recordou que o Concello promove remodelacións ou novas instalacións deportivas por máis de 12 millóns.
venres, 1 xuñ 2018
O Concello vigués recibe un novo impulso ao recibir unha subvención de 265.000 euros do Ministerio de Sanidade. Ademais, hoxe mesmo o rexedor entregou os diplomas do concurso escolar "Por un lecer saudable" no que participaron numerosos centros educativos da cidade.
venres, 1 xuñ 2018
O encontro, apoiado polo Concello, será os días 19 e 20 de xuño na Escola de Telecomunicacións. Analizar as múltiples posibilidades da acústica no ámbito industrial é o obxectivo das I Xornadas en Acústica Avanzada, que se celebrarán os días 19 e 20 de xuño na Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo.
venres, 1 xuñ 2018
Abel Caballero asinou este venres convenios con catro asociacións de carácter social. Médicos do Mundo recibe 50.000 euros do Concello, a ludoteca do CRAC de Coruxo conta con 24.500 euros, 10.000 euros para Alborada e outros 7.000 euros para a sede viguesa da Asociación Española contra o Cancro.