mércores, 30 mai 2018
Cun orzamento total de 2,7 millóns de euros, o goberno local prosegue coa licitación da actualización da cartografía e da redacción da revisión do PXOM, enviando o anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea. O prazo para presentar ofertas rematará o próximo 13 de xullo.
mércores, 30 mai 2018
Dúas mocións aprobadas este mércores no Pleno Municipal de Vigo instan a Fomento, Xunta e concesionaria a poñer fin aos problemas de tráfico en Rande. A Corporación solicitou tamén ao presidente da Xunta que pida publicamente desculpas aos cidadáns que quedan atrapados nas retencións. Neste último caso o PP alegou que non se pronunciaba porque a proposta foi levada fora de prazo.
mércores, 30 mai 2018
A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, anunciou que o goberno de Vigo incorporará inicialmente 42 parcelas ao Rexistro de Soares municipal, cuxa aprobación definitiva foi ratificada este mércores no Pleno. Este instrumento permite ao Concello sacar a poxa pública soares ou edificios en mal estado.
mércores, 30 mai 2018
Silvia Gonçalves, en representación do colectivo, interveu este mércores ante a Corporación para denunciar que Hospital Álvaro Cunqueiro conta cunha matrona por cada tres parturientes cando a OMS recomenda unha por cada muller ou como máximo por cada dúas. As profesionais demandan da Xunta que "propicie as condicións para que o noso traballo non sexa bo, senón excelente"
mércores, 30 mai 2018
O Pleno Municipal do Concello de Vigo aprobou por unanimidade solicitar á Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) a rectificar a súa decisión de acabar cos informativos locais ao considerar que teñen a obriga de atender a demanda informativa dos veciños da cidade e a súa área de influencia.
mércores, 30 mai 2018
A unanimidade do Pleno deu luz verde este mércores á cesión gratuíta á Asociación Amencer-Aspace de máis de 6.000 metros cadrados en Bembrive. A construción é resultado da colaboración do Concello, a entidade e a Fundación Amancio Ortega e atenderá a case 150 persoas.
mércores, 30 mai 2018
Todos os nenos están convidados a achegarse esta fin de semana o Parque de Castrelos para participar na Festa dos Nenos. Con actividades gratuítas para todas as idades, o ano pasado foron máis de 8.000 nenos os que gozaron deste evento lúdico.
mércores, 30 mai 2018
O alcalde recibiu este mércores á embaixadora, Sile Maguire, reunión na que abordaron cuestións comúns para Vigo e Irlanda, como o voo que conecta Peinador con Dublín ou o programa "Vigo en Inglés" para estadías de alumnado tamén en Irlanda. Abel Caballero explicou que Concello e Embaixada traballarán agora na mellora das relacións culturais entre Vigo e Irlanda.
mércores, 30 mai 2018
Vigo celebra este venres 1 de xuño o 140 aniversario da primeira visita de Jules Verne. Con este motivo, o salón de actos do MARCO acolle este xoves 31 de maio unha charla-encontro sobre ‘O Vigo de Verne’, ao redor desta efeméride e da estreita relación entre a cidade e o autor de 20.000 leguas baixo dos mares. A actividade forma parte das accións paralelas da exposición ‘Xulio Verne. Os límites da imaxinación’, inaugurada o 19 de abril no MARCO.
mércores, 30 mai 2018
A Concello convoca o V Concurso Videoclips Vigosónico para premiar o espíritu creativo de grupos e solistas de calquera estilo musical. Recollida do material audiovisual do 15 de maio ao 15 de xuño de 2018.