Vigo reclamará á Xunta que salde a súa "débeda histórica" de máis de 20 millóns co aeroporto
O alcalde avanzou que o Concello reclamará axudas para Vigo no Comité de Coordinación Aeroportuario convocado para mañá xoves en Santiago. Insistiu en que a Xunta ten que saldar unha "débeda histórica" coa cidade por tratar de pechar Peinador.
O rexedor avanzou esta mañá que Vigo reclamará achegas para o seu aeroporto por valor de máis de 20 millóns, a "débeda histórica" que a Xunta ten con Peinador tras moitos anos de outorgar axudas ás terminais de A Coruña e Santiago. O día antes do Comité de Coordinación Aeroportuario -"que só se convoca cando a Vigo lle van ben os datos"-, dixo, Caballero alertou de que "perderá o tempo aquel que se opoña ao plan de recuperación e potenciación do aeroporto de Vigo". De feito, anunciou que en breve se realizará a contratación da renovación de conexións coa empresa que gañe o concurso que está en fase de licitación. Tamén enfatizou o interese de Ryanair, TAP ou Binter por potenciar a súa presencia en Peinador porque descubriron que Vigo é un gran xerador de viaxeiros de transporte aéreo.
Descargar todas as imaxes