martes, 11 dec 2018
Abel Caballero recibiu un agasallo da dirección do centro e unha camiseta do equipo feminino de baloncesto, como recoñecemento ao apoio do Concello. O primeiro edil tamén dirixiuse ao alumnado do último curso e tomou parte do acendido do belén xunto aos máis pequenos do colexio.
martes, 11 dec 2018
O alcalde e o reitor acordaron esta mañá subscribir un convenio que permitirá reverter na Universidade o importe do IBI que abona ao Concello. Deste xeito, Concello e entidade educativa pactarán as actividades ás que se vai dedicar este importe.
mércores, 28 nov 2018
En representación de FOANPAS, Regina Ibáñez expuxo ante a Corporación a urxencia de replantexar as zonas escolares e o mapa de adscricións, pois o actual é "obsoleto e inxusto" e discrimina aos centros públicos. Ao remate das intervencións dos grupos, Abel Caballero trasladou o "apoio total" e o "recoñecemento" do goberno vigués á Federación.
xoves, 22 nov 2018
O alcalde de Vigo mantivo esta mañá un encontro con responsables de centros educativos de Primaria e de Secundaria da cidade aos que reiterou o compromiso municipal para seguir atendendo as necesidades do alumnado a través das achegas de comedor e de libros. O Concello adica 1,2 millóns de euros a axudas de comedor, incrementando a partida en 137.000 euros para poder atender todas as peticións. A esta cantidade hai que sumar os 600.000 euros que xestiona FOANPAS. As bolsas para libros teñen orzamento de 110.000 euros.
venres, 16 nov 2018
O Goberno de España cedeu de balde ao Concello o antigo ambulatorio de Teis, en Enrique Lorenzo 54, acordo xa formalizado pola Xunta de Goberno Local . O alcalde anunciou este venres o encargo da redacción do proxecto.
mércores, 14 nov 2018
Abel Caballero saudou esta mañá aos alumnos do comedor escolar do CEIP Canicouva nunha visita organizada con motivo do Día da Diabetes. Previamente, en rolda de prensa, o rexedor lembrou que o Concello outorga unhas cinco mil bolsas de comedor cun orzamento de dous millóns de euros.
xoves, 8 nov 2018
Abel Caballero informou este xoves en rolda de prensa das novas peticións chegadas ao Concello para a construción de cubertas para sete colexios de Vigo. O rexedor sinalou que está en marcha actualmente un investimento de case dous millóns e reclamou á Xunta que asuma as súas competencias para solucionar os problemas nos centros escolares.
xoves, 8 nov 2018
Segundo informou este xoves Abel Caballero, o goberno de Vigo resolveu a convocatoria de bolsas de libros e comedor escolar, cun total de case 4.500 alumnos beneficiados este curso. Para o comedor, o Concello incrementou en 138.000 euros a partida para evitar a lista de agarda e completar toda a demanda.
mércores, 7 nov 2018
Cualifica as aulas universitarias a distancia como un "obxectivo cumprido" que neste curso suma 1.009 estudantes cun custo total para o Concello de 900.000 euros.
martes, 30 out 2018
A Xunta de Goberno Local tomará coñecemento este mércores da interposición do recurso contencioso-administrativo contra a resolución da Xunta de Galicia que desestima a petición do Concello para aplicar a "Lei Vigo" e poder executar o acceso ao Colexio Párroco don Camilo, en San Andrés de Comesaña.