Escoitar

Abel Caballero eloxia o Smartbus co que Huawei conciencia aos escolares sobre o uso responsable da tecnoloxía

O alcalde de Vigo visitou esta mañá o colexio Balaídos para participar na presentación da segunda edición do Smartbus Huawei, unha iniciativa que recorre os centros educativos para fomentar a educación e a responsabilidade dixital.

xoves, 16 xan 2020
1579183638160120Huawei.JPG
Baixo o lema "Comparte sen arriscarte" Huawei España presentou en Vigo a segunda edición do Smartbus Huawei, o proxecto educativo da compañía dirixido a escolares, que promove un uso seguro e responsable das novas tecnoloxías entre nenos e adolescentes de entre 9 e 13 anos.

O acto de presentación do proxecto en Galicia foi esta mañá no colexio Balaídos, desde onde visitará outros centros de toda a comunicade ata o próximo día 17 de xaneiro, incluíndo no seu percorrido o Ceip Sárdoma Moledo. Durante estes días, máis de 1.500 estudantes, pais e educadores atenderán as sesións didácticas que se impartirán na aula móbil dirixidas a concienciar sobre bo uso das TIC. Desde o pasado mes de setembro, o Smartbus pasou por nove comunidades de España e a máis de 18.000 persoas.

Abel Caballero participou esta mañá na presentación porque "cando recibín a invitación de Huawei tiven claro que tiñamos que apoialos. Representan o futuro e a labor que están a facer nos colexios é moi relevante". Acompañado por María Luisa Melo, directora de Relacións Institucionais e Comunicación de Huawei, o rexedor insistiu en que iniciativas como o Smartbus achegan a tecnoloxía á sociedade e é importante que todos os actores, públicos e privados, traballemos conxuntamente para axudar aos máis novos a detectar e minimizar os riscos derivados do uso das novas tecnoloxías".
Descargar todas as imaxes