Escoitar

O goberno local remite unha carta á Xunta para pedirlle "implicación" na ampliación do Ifevi

"Nós respondemos de forma inmediata, avaliamos e solicitamos a aplicación da Lei 3/2016 para ampliar o Ifevi tal e como pide Conxemar". O alcalde lembrou que o Padroado do Instituto Feiral xa aprobou por unanimidade promover a ampliación do recinto.

xoves, 16 xan 2020
1579183498160120Carta.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que este mesmo xoves o goberno local respondeu á Xunta de Galicia por carta para pedirlle que cumpra o compromiso dado na ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

"Nós respondemos de forma inmediata, avaliamos e solicitamos a aplicación da Lei 3/2016 despois de que recibísemos este mércores unha carta da Xunta, que non estaba nin encabezada nin firmada. Hoxe, ás 10 de la mañá xa saíu a contestación a Santiago, non esperamos doce días", asegurou o rexedor.

Caballero explicou que na misiva recórdalle a acta da reunión do Padroado do Ifevi do pasado 10 de outubro, onde o primeiro punto do orde do día foi a adopción de medidas necesarias para a ampliación. "O Padroado acordou, por unanimidade, promover ante a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo, a ampliación do recinto feiral de Vigo como proxecto público de urxencia e de excepcional interese ao amparo da Lei 3/2016", sinalou.

Así mesmo, lembrou que a decisión do Padroado foi reiterado e ratificado, novamente por unanimidade, na sesión extraordinaria do 28 de decembro. "Na carta remitida á Xunta instamos a implicarse en este importante obxectivo poñendo os medios técnicos e económicos para facer posible a ampliación", apuntou o alcalde.

Copago
O alcalde deu conta tamén da recepción no Concello dunha nova liquidación da Xunta de Galicia para cofinanciar os seus centros de día de Teis, Coia e Lavadores, correspondente o exercicio de 2018, por importe de 330.000 euros, "por gastos que son a súa obriga", rexeitou.

Amais, dixo Caballero que a Xunta tamén obriga a Vigo a cofinanciar as escolas infantís autonómicas por un importe de 205.000 euros anuais, o que suma 555.500 euros ao ano. "Non imos quedar calados" ante este "escándalo", asegurou, xa que a reclamación está presentada diante dos tribunais.
Descargar todas as imaxes