Escoitar

O Concello suspende as actividades deportivas en instalacións municipais ao aire libre polo temporal

Un bombeiro resultou ferido a primeira hora do día cando traballaba na retirada dunha árbore que cortaba o tráfico en Fragoselo. Ademais, houbo que retirar un adorno e contedores desprazados.

xoves, 16 xan 2020
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves de que están suspendidas todas as actividades deportivas en instalacións deportivas municipais ao aire libre debido á alerta laranxa decretada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). Segundo explicou o rexedor, as actividades quedan canceladas entre as 06:00 e as 20:00 horas do xoves polo temporal de vento e choiva.

Caballero tamén relatou as incidencias rexistradas durante as primeiras horas do día e sinalou que un bombeiro municipal resultou ferido pola caída da póla dunha árbores que estaba a retirar da vía en Fragoselo. Ademais, os bombeiros tamén tiveron que intervir na rúa María Berdiales para retirar un adorno que caira e na Avenida de Castelao polo desprazamento de contedores na calzada.