Os espazos anexos á Estación do AVE serán humanizados cun investimento de 3,4 millóns
As zonas intersticiais entre a Estación do AVE e os accesos viarios, o nó intermodal e a Praza da Estación serán humanizadas grazas á adenda ao convenio entre ADIF, Concello e Xunta que vai ser firmada nas vindeiras semanas. "Non quero espazos mortos e sucios", asegurou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que a adenda que firmarán en vindeiras semanas a Administradora de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), Concello e Xunta sobre o convenio para a Estación do AVE incluirá tres novos proxectos destinados a humanizar todas as zonas anexas á nova terminal de tres e autobuses.
"Non quero espazos mortos e sucios arredor da nova estación", sinalou o rexedor este xove en rolda de prensa tras avanzar que o Ministerio de Fomento comunicou xa oficialmente o visto e prace para reformar as zonas denominadas intersticiais, é dicir, os espazos que quedan libres entre as novas infraestruturas e os accesos.
Caballero sinalou que adenda, aínda non firmada por estar o Goberno en funcións, inclúe tres proxectos para toda actuación cun importe global de 3,4 millóns. Por un lado, estes espazos intersticiais cun investimento de 900.000 euros; outros 900.000 euros para o nó entre a estación de tren e de buses e tamén 1,6 millóns para a reforma da praza.
O convenio a tres bandas dispón que o 74 por cento do gasto corresponda a ADIF, o 21 por cento ao Concello e o 4 por cento restante á Xunta de Galicia. Ademais, a licitación dos accesos xa foi aprobada o pasado mes de outubro cun importe de 11,8 millóns de euros cun prazo de execución de 17 meses.
Descargar todas as imaxes