O Concello envía por correo á Xunta unha proposta de convenio para a sede do CGAC
O alcalde propón á Consellería de Cultura a sinatura dun convenio de colaboración para a apertura dunha sede do CGAC en Vigo que ofreza "garantías de que o van facer e as cifras oportunas para esta cidade".
Abel Caballero informou do envío dunha carta hoxe ao conselleiro de Cultura propoñéndolle a sinatura dun convenio de colaboración para a futura instalación dunha sede do Centro Galego de Arte Contemporánea en Vigo. O documento será a "forma de garantir que isto se fai e de garantir as cifras oportunas para esta cidade".
Segundo explicou, o convenio recollería a obriga da Xunta de Galicia de alugar ou mercar un edificio axeitado para a sede cunha sala de exposicións dunha superficie non menor de 400 metros cadrados e o compromiso de garantir o alugueiro de locais ao axentes culturais durante polo menos un prazo de 10 anos. Ademais, o Concello ofrece colaboración para toda a tramitación e o establecemento desta sede pero esixe que a dedicación da Xunta a este desenvolvemento cultural teña unha asignación orzamentaria de medio millón de euros ao ano, achegando o Concello o 10% da cantidade investida pola Xunta. "A nosa man tendida está e queremos estar con eles ao carón deste desenvolvemento sempre que sexa "serio", recalcou.
En referencia ao investimento, Caballero apuntou que este proxecto cultural custará á Xunta de Galicia arredor de 61.000 euros ao ano "a metade da subvención que outorga o Concello ao Coruxo ou ao Seis do Nadal e menos da décima parte do que dedicamos ao MARCO".