Escoitar

O goberno de Vigo abre a nova biblioteca de Navia tras case 500.000 euros de investimento

Tal e como avanzara esta semana o alcalde, este venres abriu as súas portas a nova sala, emprazada en Teixugueiras 26, que conta con 200 prazas. Está aberta de luns a venres de 9 a 21h e os sábados de 9 a 14h, horario que se ampliará en época de exames, segundo confirmou Abel Caballero.

venres, 24 xan 2020
1579875315240120SalaLectura_02.JPG
Xunto con varios concelleiros do goberno vigués, o alcalde achegouse este venres á nova instalacións municipal aberta en Navia despois dun investimento próximo ao medio millón de euros.

O espazo está dotado de WiFi e de 18 grandes meses de biblioteca que ofrecen un total de 200 postos de lectura. De luns a venres, a apertura será de 09,00 a 21,00 h e os sábados, de 09,00 h a 14,00 h, un horario que se verá ampliado na época de exames, cando o goberno vigués prevé abrila tamén os domingos. Tal e como detallou o rexedor, o proxecto implicou importantes obras, desde a adecuación e redistribución de espazos, hasta novos alicatados e pavimentos, pasando pola renovación de todas as instalacións de subministros.

Navia súmase á biblioteca municipal Neira Vilas aberta en 2011 en Martínez Garrido, á posta en marcha no Auditorio Mar de Vigo en 2017 (con máis de 400 postos de lectura), á Casa do Patín, en Bouzas, e á que o Concello ten proxectado no antigo ambulatorio de Teis. Ademais, proseguiu o rexedor, o Goberno Central xa deu o visto bo para a proposta municipal de construír a Biblioteca do Estado na rúa Lalín.
Descargar todas as imaxes