O Concello anima en FITUR a coñecer e vivir "o fenómeno Vigo"
O Concello levou este xoves á Feira Internacional de Turismo a súa proposta, nun acto que contou coa participación do alcalde, Abel Caballero, e do humorista e presentador vigués Miguel Lago. O Nadal, as Cíes, os concertos de verán, o Marisquiño ou a Reconquista, os principais atractivos levados a Madrid polo goberno vigués.