mércores, 28 xuñ 2017
O Concello de Vigo seguirá a apoiar ao Rápido de Bouzas nesta próxima tempada, cando o equipo xogará en 2ª B. Así llo trasladou hoxe mércores na recepción oficial organizada para felicitar aos directivos e aos xogadores dun equipo que vén de realizar unha tempada "brillante".
venres, 23 xuñ 2017
Abel Caballero rubricou este venres os convenios de apoio ao Atlántida de Matamá, cunha subvención de 20.000 euros, e ao Celta de Atletismo e ao Atletismo Feminino Celta, con 18.000 euros cada un. Recordou o alcalde que o orzamento do Concello deste ano adica 1.852.000 euros a potenciar o deporte vigués de elite e de base.
mércores, 21 xuñ 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, presentou esta mañá a primeira edición da Nocturna Concello de Vigo - Ardora 2017, unha travesía a nado con patrocinio municipal que se celebra a noite deste sábado ás 22:00 horas na praia da ETEA.
martes, 20 xuñ 2017
O rexedor visitou hoxe martes o Pavillón de Teis, no que se acometeron nos últimos dous anos obras por valor de 300.000 euros. Estes investimentos son unha parte dos 20 millóns de euros que o Concello adicou a reformas de instalacións deportivas desde 2015.
martes, 20 xuñ 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá a 34ª Carreira de San Xoán, "a quinta de nove probas do Circuíto Run Run Vigo" de carreiras populares que patrocina o Concello de Vigo. Celébrase este venres ás 21:00 horas.
venres, 16 xuñ 2017
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe a Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, que se celebrará este domingo 18 no Vao (12:00 horas) co patrocinio municipal. Once tripulacións de toda Galicia (e Asturias, Castropol) pelexarán polo triunfo.
luns, 12 xuñ 2017
O rexedor adiantou esta mañá de luns que a grada de Río, cun investimento de 6,8 millóns, estará operativa para o primeiro partido de Liga. Segundo o cronograma do Concello, a previsión é que a cuberta estea rematada en outubro mentres que o total dos traballos estarán completados a finais de ano.
luns, 5 xuñ 2017
A nova edición do programa patrocinado polo Concello desenvólvese dende o 10 de xuño ata o 2 de xullo de 2017 coas modalidades de balonmán, tenis, voleibol, futvolei, fútbol e cachibol.
venres, 2 xuñ 2017
Caballero recibiu este venres a todos os estamentos implicados na Copa Vigo de fútbol afeccionado, competición que entrou na súa recta final tras unhas primeiras roldas nas que participaron 17 equipos masculinos e 6 femininos.
venres, 2 xuñ 2017
Caballero destaca que "só nestes dous meses a atención ao deporte é maior que a de outros alcaldes en todo o seu mandato". O Concello acometerá obras nos campo de fútbol de Sárdoma e Carballal e no pavillón de Monte da Mina, cubrirá a piscina da Etea, substituirá os pavimentos de Teis, a pista vermella de Travesas, as pistas de tenis de Samil e o campo de béisbol das Plantas.