Caballero define a liga de cross escolar, con 3.500 participantes, como unha acción "espléndida"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe o programa municipal de cross escolar 2018, que arrinca este domingo no colexio Monterrey, na Travesía de Vigo, e que ata novembro celebrará un total de seis probas en diferentes centros de ensino da cidade e tamén unha no parque de Castrelos.<br />
Con catro carreiras xa fixadas en marzo e abril e dous por definir data concreta en novembro e decembro, o rexedor avanzou que serán "uns 3.500 participantes, unha cifra moi singular" os que compitan neste circuíto patrocinado polo Concello e organizado por Agrupación de Atletismo Escolar Xóvenes Atletas. Esta acción pertence ao programa municipal "Deporte e saúde" e é outra das ligas que promove a Concellería de Deportes para as mozas e mozos en idade escolar xunto coas de baloncesto, minibalonmán, natación e fútbol 7.
"Son un asiduo ao arranque da tempada de cross escolar", declarou o alcalde, que acode a cada cita porque "son carreiras espléndidas".
Leandro Rodríguez, presidente da asociación e que asistiu á rolda de prensa tamén como representante do CEIP Coutada Beade, asegurou que "queremos potenciar que os nenos fagan deporte". Por iso agora será "unha liga, para estimular que vaian máis, que fagan deporte e crezan sans".
A primeira proba está fixada para este domingo 4 de marzo coa oitava edición do Cross de Monterrey, na Travesía de Vigo (10:00 horas). Despois chegarán tres en abril: Coutada Beade (día 8), Párroco Don Camilo (15) e Mosteiro Bembrive (día 22). En outubro, o Cross El Castro San Miguel en castrelos e en novembro o de Frián Teis.
O xefe do goberno local suliñou que se mantén o mesmo circuíto que nas edición de 2016 e 2017. Caballero estivo acompañado tamén polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e representantes do Comesaña Sporting Club, dos CEIP Frián Teis, Párroco Don Camilo, Coutada Beade e Mosteiro Bembrive, do grupo educativo El Castro San Miguel e do colexio Monterrey.
Descargar todas as imaxes