O goberno local destina 2,8 millóns ao programa de atención a menores en situación de vulnerabilidade social
O Concello eleva a 12 os coidadores que atenderán ás 250 familias con menores que reciben apoio socio-educativo municipal. O alcalde deu conta esta mañá da aprobación da contratación dun servizo ao que dedicará 2.839.000 euros nos próximos catro anos.
A Xunta de Goberno aprobou o expediente de contratación dos servizos incluídos no Programa socio-educativo e de apoio familiar do Concello de Vigo, cun importe de 2.839.000 euros e unha duración de catro anos. Tal e como indicou o rexedor, esta iniciativa busca a promoción da autonomía familiar, o desenvolvemento integral das súas potencialidades e a participación activa naquelas familias que se atopen nunha situación de vulnerabilidade.
Como novidade desta edición, incorporaranse dous educadores, que se van sumar aos dez actuais, polo que serán doce os profesionais que atendan a estes menores no seu entorno familiar. Nestes momentos, o Concello xa está a traballar con 250 familias o que supón darlle apoio a un número de nenos e nenas que oscila entre os 250 e os 400.