O goberno de Vigo licita a humanización da Estrada Provincial por 2,9 millóns
Abel Caballero informou este venres da aprobación do expediente de contratación da humanización da Provincial por 2,9 millóns de euros, en convenio coa Deputación que preside Carmela Silva. O Concello tamén licita as humanizacións de Serafín Avendaño, Roupeiro e Heraclio Botana por 487.000 euros.
O alcalde deu conta este venres da contratación destas humanizacións "importantes" na cidade, aprobada pola Xunta de Goberno Local celebrada o xoves.
O goberno de Vigo validou o expediente de contratación da humanización da rúa Emilia Pardo Bazán, a coñecida como Estrada Provincial, cun importe de 2,9 millóns de euros. Despois de "máis de medio século agardando" pola reforma, e "oito anos" demandándoo ao anterior presidente do goberno provincial, o Concello e a Deputación de Pontevedra conveniaron esta reforma, que presenta un prazo de obras estimado en 12 meses.
Caballero explicou que a humanización contempla a renovación das canalizacións de abastecemento de agua, saneamento e pluviais, inclúe ramplas e escaleiras de conexión coa Avenida de Madrid, parque infantil y biosaudable, xunto á nova sinalización e rede semafórica do vial.
En segundo lugar, o Concello contratou por 487.000 euros humanizacións no entorno de Rosalía de Castro e García Barbón. Segundo detallou o rexedor, a reforma afectará á marxe dereita de Serafín Avendaño (en dirección a Rosalía de Castro) e as rúas Roupeiro e Heraclio Botana, cun prazo de obras estimado en sete meses.
Nestes céntricos viais da cidade, o Concello novamente substituirá as redes de saneamento e abastecemento e instalará unha nova para augas pluviais, soterrará a rede eléctrica existente e habilitará unha nova rede de alumeado. A humanización renovará os pavimentos, con beirarrúas de granito, arborado, rede de rego soterrada, bancos, papeleiras e a sinalización.
Campamentos de verán
O goberno vigués vén de licitar os servizos de xestión e execución de campamentos para este verán, por importe de 209.000 euros. En base a este contrato, o Concello programa nove accións para nenos de entre 4 e 17 anos, ofertando 1.826 prazas, cen máis que nas mesmas actividades do pasado ano.
Segundo revelou Caballero, trátase de dous programas Verán náutico, Verán mariñeiro, Verán na praia, Verán con temática ecolóxica e medioambiental, Verán de temática artística, Verán multideportivo. Verán en inglés e un campamento con pernocta en VigoZoo. De media, o Concello subvenciona o 65% do custo por praza, con gratuidade total para as rendas baixas.
Estes campamentos son só algúns dos que o Concello ofertará este verán. O alcalde avanzou que as vacantes superarán as 25.256 do pasado 2017, nun programa co que o goberno que preside busca conciliar a vida laboral e familiar, fomentar a participación infantil e dar alternativas de ocio e tempo libre.