Escoitar

Caballero aplaude o esforzo do tecido empresarial para apoiar ao deporte vigués

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, mantivo hoxe un encontro cunha vintena de empresas que patrocinan a entidades deportivas da cidade.

xoves, 15 mar 2018
1521139049Patrocinadores.JPG
Caballero, que agradeceu o esforzo do sector privado para apoiar aos clubs vigueses, e en especial ao deporte de base, subliñou que "o meu agradecemento persoal é moito, pero como alcalde é infinito". O rexedor confesou aos presentes a súa "satisfacción persoal" pola resposta do tecido empresarial cara ao deporte de Vigo, e espera que esta acción se traduza nunha colaboración máis estreita.

Caballero recoñeceu aos representantes das empresas (Aceites Abril, Mar de Ons, Vilatrade, Hyupersa, Viaxes Zonda, Coca-Cola, Frutas Nieves, Más Visión, Rodosa, Construciones Castro, Kaleido, Abanca, Grupo Viqueira e Faro de Vigo) o esforzo que están a facer ao investir en deporte.

O Concello de Vigo é o motor e patrocinador principal dos clubs do municipio, pero Caballero entende que o apoio empresarial é fundamental para reforzar as accións das entidades da cidade.
Descargar todas as imaxes