O alcalde esixe "garantías para os cidadáns" na conexión ferroviaria de Vigo a Madrid
Abel Caballero amosou a súa "indignación" coa situación do tren de Vigo a Madrid, tras afundirse nun tramo unha "vía antediluviana" e quedar cortada a conexión con Ourense. Ademais, o rexedor denunciou que o AVE directo leva desde 2012 "nun caixón".
O alcalde vigués considerou "intolerable" o corte do servizo ferroviario, derivado dun afundimento nunha vía "antediluviana" que, en caso de chuvias, produce a desviación do rail. Sen querer entrar en xuizos de valor, Abel Caballero si esixiu "garantias para os cidadáns" de Vigo no enlace de tren.
En paralelo, Abel Caballero denunciou que, desde 2012, o Goberno de España ten metido "nun caixón" o proxecto da variante de Cerdedo da Alta Velocidade, o AVE directo Vigo-Ourense-Madrid, coa "excusa" da Declaración de Impacto Ambiental dun tramo de algo máis de catro quilómetros de lonxitude.
O alcalde tamén criticou que o goberno autonómico non se comprometera co AVE directo de Vigo a Madrid: "para outros proxectos ferroviarios si; para o Vigo-Madrid por Cerdedo, nunca vin o apoio da Xunta de Galicia". Caballero valorou de "intolerable" que a área de Vigo neste momento careza dun ferrocarril para unirse con España "e o resto de Europa". "Non o temos, temos que ir por Santiago", concluíu.
Descargar todas as imaxes