venres, 26 xan 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe no Concello a segunda carreira atlética popular do ano, Calvario 5+5, primeira que o pulo privado e da propia Concellería de Deportes recuperan tras dous anos de ausencia.
xoves, 25 xan 2018
Caballero fixo entrega dun total de nove premios, un deles ex aequo polo ascenso do primeiro equipo sénior tanto do Santa Mariña (a 1ª Autonómica) como do Teis (a 2ª Autonómica), aquel como campión e este na promoción. O alcalde, que felicitou un por un a todos os premiados, explicou que o fútbol "é unha auténtica revolución" e desexou máis éxitos para o futuro a todos os presentes.
mércores, 24 xan 2018
O alcalde participou este mércores na entrega de equipamento deportivo a 25 clubs do Programa Municipal de Escolas Deportivas, que conta cunha achega do Concello de 380.000 euros. En total, e sumado ao resto de subvencións, as axudas directas ao deporte de base superan os 1,6 millóns.
mércores, 24 xan 2018
Manel Fernández, concelleiro de Deportes, felicitou hoxe mércores ao Club Baloncesto Seis do Nadal polos tres lustros de vida da Linco (Liga Interna de Colexios), nacida en 2003 e que este venres inicia a súa decimosexta edición para nenas e nenos benxamíns e alevíns (de 6 a 12 anos).
luns, 22 xan 2018
Abel Caballero e Carmela Silva rubricaron este venres o acordo polo que ambos gobernos renovarán o céspede artificial en dez campos de fútbol municipais, reformarán os dous pavillóns baixo a bancada de Río, en Balaídos, e construirán novos recintos deportivos en Quirós e na rúa Romil. "Esta é a mellor forma de facer cidade", valorou o alcalde.
venres, 19 xan 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a primeira edición do Galiexpo Salón Bike&Running, exposición enfocada ao ciclismo e ao "running" que se celebrará no recinto ferial do Ifevi do 2 ao 4 de febreiro, coincidindo tamén con Galiexpo Motor Show. "É unha oferta adicional no que xa de seu é unha gran mostra", sostivo o rexedor.
xoves, 4 xan 2018
O alcalde de Vigo confirmou este xoves que o 98% da cuberta da grada de Río xa está instalada para o partido entre o Celta e o Barcelona da Copa do Rei a disputar esta tarde. "Quedan unhas chapas cun corte especial que instalaranse nos vindeiros días, pero é unha boa noticia porque a empresa recuperou o tempo perdido tras detectar unha peza defectuosa", sinalou Abel Caballero.
xoves, 4 xan 2018
A Xunta de Goberno Local aprobou os proxectos para dez instalacións deportivas de herba sintética e canchas en Romil, Quirós e dúas baixo a grada de Río
xoves, 28 dec 2017
O rexedor, acompañado do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, animou aos deportistas e dirixentes do Balaídos CF (fútbol feminino), AD Runners-Telmo Peluqueros (atletismo), Petanca Cabral e Club de Remo Virxe da Guía a seguir practicando as súas modalidades no acto celebrado nas dependencias municipais. O Concello apoia ao deporte de formación non só con subvencións directas senón tamén a través da achega de material deportivo, neste caso novos chándales.
martes, 26 dec 2017
Segundo explicou o alcalde, a campaña deste proxecto quere sumar apoios para que un tripulante de Vigo, Nicolás Rodríguez, ocupe unha das prazas nos Xogos Olímpicos de Tokio do ano 2020 na categoría de vela 470 xa que "ten posibilidades de medalla", sinalou, polo que o Concello estuda a cooperación que pode prestarlle para acudir á cita con posibilidades de traer un metal para a cidade.