venres, 10 nov 2017
O alcalde, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e representantes do comité organizador, presentou este venres a Copa Galega de Enganches, cuxa final vaise celebrar este sábado nos campos do Vao, acarón do campo de fútbol de Coruxo.
mércores, 8 nov 2017
O alcalde informou este mércores das cantidades investidas ata o momento polas distintas partes na remodelación do estadio municipal de Balaídos: 12,7 millóns a cargo de Concello e Deputación, 913.000 euros do RC Celta e "cero" da Xunta de Galicia.
martes, 7 nov 2017
Caballero informou estes martes da chegada de 300 das 600 pezas redondas que o Concello cambiará na estrutura que soporta a cuberta de Río, no estadio de Balaídos. O bo estado das 400 restantes está garantido mais o alcalde anunciou que AIMEN tamén as analizará, ao igual que as 600 novas. O goberno vigués busca a "seguridade ao 100%" e garante o cumprimento do prazo da obra.
luns, 6 nov 2017
No ano 2015, o Concello adicou 430.000 euros ao deporte de base, cantidade que o goberno vigués sube en tres anos ata os 1.145.000 euros, segundo explicou Caballero este luns. Supera así o compromiso adquirido de duplicar a axuda, un ano antes de concluír o mandat
venres, 3 nov 2017
O alcalde presentou hoxe a terceira edición de Érguete e Corre, unha "gran proba de atletismo", como a definiu o rexedor, e ademais agradeceu a aposta de varias firmas privadas "que sempre están apoiando as movilizaciones deportivas", posto que na rolda de prensa, ademais do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, acudiron a presidenta de Érguete, Carmen Avendaño, o padriño desta edición, Daniel Bargiela, e varios patrocinadores.
venres, 27 out 2017
O alcalde, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por representantes dos clubs de fútbol Alertanavia, C.D. Coya, EDVM Pereiró, Arenas de Alcabre e San Miguel, algunhas das entidades participantes, presentou hoxe unha nova tempada do Torneo Concello de Vigo de fútbol 7, un evento que cada sábado dende o vindeiro 4 de novembro ata o 2 de xuño xogarase no campo do complexo deportivo municipal de Samil. O campionato está dirixido a nenos de 5 a 13 anos.
martes, 24 out 2017
O alcalde garantiu esta mañá que a grada de Río estará habilitada para o próximo encontro Celta-Atlético de Bilbao que se disputará en Balaídos o 5 de novembro, unha vez localizadas as 64 pezas defectuosas colocadas na malla da cuberta. Unha vez máis, aproveitou para desculparse cos abonados e co conxunto da animación do equipo celeste.
martes, 24 out 2017
A quinta edición da Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple celebrarase este domingo en Bouzas (11:00 horas) e a súa novidade, unha andaina de 5 quilómetros, está a ter enorme aceptación. Así o anunciaron hoxe o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e o presidente de Avempo, Miguel Ángel Sánchez, en rolda de prensa xunto coa logopeda da asociación, Paula Alonso.
luns, 23 out 2017
As esferas que resultaron defectuosas na malla da cuberta de Río serán substituídas tan pronto como sexa posible, unha vez que a empresa recibiu a orde para fabricalas de novo. Nestes momentos, os técnicos estudan a fórmula idónea para repoñelas de forma que a grada estea operativa o antes posible con todas as garantías.
mércores, 18 out 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu hoxe a unha representación da organización do XXII Cross Escolar Castro San Miguel, que se vai disputar este domingo (10:00 horas) no parque de Castrelos coa organización da Agrupación Deportiva Castro San Miguel e o patrocinio do Concello de Vigo, ademais de varias empresas privadas.