venres, 22 dec 2017
O alcalde, acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, departiu hoxe con clubs, organizadores e ata con algúns nenos que participarán nos Xogos que se celebran no complexo municipal das Travesas do 2 ao 4 de xaneiro.
mércores, 20 dec 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu en Alcaldía a unha representación de clubs participantes na quinta edición do Torneo Concello de Vigo de fútbol 8 e fútbol 11, que se vai a disputar en sete campos (seis municipais e o Federativo de Coia, que é novidade) do 26 ao 30 deste mes.
mércores, 13 dec 2017
O judo vigués exhíbese este domingo no Instituto Ferial de Vigo a partir das 11:30 horas na XXV Festa do Judo Infantil, que naceu no Central das Travesas en 1993 e que dende 2010 se trasladou ao recinto feiral de Cotogrande co paréntese de 2015 (As Travesas).
xoves, 7 dec 2017
A décimo novena edición da Vig-Bay -a media maratón que parte de Vigo, pasa por Nigrán e finaliza en Baiona- terá lugar o próximo 8 de abril de 2018. Esta mañá, Abel Caballero mantivo unha reunión coas organizadoras da proba, unha entrevista de carácter "rutinario", explicou o rexedor, para que "todo esté en orde" e funcione "da forma habitual".
luns, 4 dec 2017
Xa comenzou a colocación dos módulos da estrutura que soportará a cuberta da grada de río, coa instalación hoxe luns da segunda das grandes pezas -a primeira colocouse o venres pasado. O Concello someteu a un segundo control de calidade as bolas que veñen substituír ás que tiveron que ser retiradas ao resultar defectuosas.
venres, 1 dec 2017
Caballero presentou hoxe o Trofeo Cidade de Vigo de kárate que se celebra este sábado ás 17:00 horas no Pavillón Pablo Beiro de Bouzas. Terá carácter internacional baixo o patrocinio do Concello
martes, 28 nov 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe martes a edición de 2017 da Carreira San Silvestre viguesa, que por quinto ano consecutivo celebrarase na contorna da Praza de Compostela o derradeiro día do ano ás 17:00 horas.
luns, 20 nov 2017
Caballero recibiu este luns aos organizadores, o Melgachos Vellos Rugbiers, que lle presentaron as actividades previstas para este sábado 25 de novembro no Colexio Montecastelo. Contando coa colaboración do Concello, está prevista a participación de 90 xogadores de máis de dez nacionalidades e membros de tres equipos: o Melgachos, o VRAC Quesos Entrepinares de Valladolid e o SCRUM de Braga (Portugal). O torneo benéfico comeza ás 15:30 horas da tarde e recadará fondos para a Asociación Española contra o Cancro.
mércores, 15 nov 2017
O rexedor asinou este mércores convenios de colaboración con centros educativos, entidades sociais e deportivas para que empreguen as instalacións deportivas municipais sen ter que aboar o custo do seu uso, que será asumido polo Concello.
venres, 10 nov 2017
Caballero explicou as principais partidas en deporte que recollen os orzamentos do Concello para o próximo ano, entre os que subliñou os 3,2 millóns cos que se subvenciona os ximnasios do Berbés e do Carme e as piscinas de Valadares, Teis, Travesas e Lavadores.