Escoitar

O Memorial Quino Salvo de baloncesto, "un dos actos centrais para abrir a nova tempada do deporte vigués", di Manel Fernández

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou hoxe luns que o Memorial Quino Salvo, que volve por terceiro verán consecutivo, será "un dos acontecementos que abrirán a tempada 18/19 do deporte vigués" o vindeiro día 15. O partido Morabanc Andorra-FC Porto (sábado 15, As Travesas, 20:00 horas) será o punto final dun día cargado de actividades, segundo anunciou a organización.

luns, 3 set 2018
1535987295QuinoSalvo_01.JPG
O edil asegurou que con este memorial "dáse o pistoletazo de saída para que o baloncesto, e o baloncesto de calidade, teñan cada vez máis espazo en Vigo", dixo. E resumiu a Quino Salvo como "unha figura señera do baloncesto".

Julio Bernárdez, presidente da Asociación Quino Salvo, explicou que "tratando de mellorar" o evento, o grupo de traballo atopouse "cun ano especialmente complicado" para conseguir un cartel de renombe, pero finalmente se conseguiu "o mellor partido; ata agora tivemos nome co Obradoiro, Joventut e Barcelona, pero agora traemos dous equipos cun adestramento importante ao estar en portas de empezar a tempada". E que o Porto xoga competición europeas cinco días despois da cita viguesa e o Andorra comeza a Liga ACB o 27 deste mes. Por iso "van demostrar todo o seu potencial", sostivo Bernárdez.

José Salvo, irmán do xogador falecido en 2016, indicou que "non hai palabras para expresar o agradecimento da familia" e afirmou que grazas ao Memorial "é como volver a telo presente".

Moncho López, que levou a España á prata no Europeo absoluto de 2003 e dende 2009 dirixe ao FC Porto, recoñeceu que "me apetecía moito estar aquí porque fun adversario de Salvo na ACB (o ferrolán en Xixón, o vigués en Cantabria) e porque Vigo "é unha cidade que significa moito para min personalmente" (nela naceu a súa filla) e que "foi berce de grandísimos xogadores e adestradores. Ademais, cre que dende Porto virán moitos seguidores".

O programa de actividades comeza este martes cunha exposición fotográfica en Príncipe, como o ano pasado, que se manterá ata o día 14. O sábado 15, data do partido, a Praza do Rei (de 10:00 a 14:00) encherase de minibasquet co torneo alevín no que participarán equipos de Vigo, O Porriño, Marín e Cangas. E ás 16:00 horas, o NH Palacio de Vigo recibirá unha charla coloquio sobre baloncesto cos adestradores de Andorra (Ivón Navarro) e Porto (Moncho López), ademais de co veterano Pepe Laso.
Descargar todas as imaxes