O Concello adxudica a construción do novo pavillón de Quirós por case 3,1 millóns
O goberno local ten en marcha nestes momentos a construción de 4 novos pavillóns deportivos: Quirós, Romil e dous baixo a grada de Río de Balaídos. Ademais, tamén conta con proxecto e partida orzamentaria- 3 millóns- para o de Matamá, paralizado pola Xunta de Galicia.
A Xunta de Goberno local deu luz verde esta mañá á adxudicación do pavillón polideportivo de Quirós, cun orzamento de 3.079.000 euros, o que permitirá a construción nun prazo breve dun dos novos grandes complexos deportivos na cidade. Tamén se abriu o proceso de licitación para contratar os traballos de acondicionamento dos espazos deportivos baixo a grada de Río, en Balaídos. Cun importe de case 1,5 millón, este proxecto forma parte do convenio de mellora de instalacións deportivas asinado coa Deputación e ten un prazo de execución de 11 meses. Ademais, o Concello tamén ten en marcha o pavillón de Romil, con case 2,2 millóns de euros, e conta con proxecto e unha partida orzamentaria de 3 millóns para construír outra dotación deportiva de Matamá, un proxecto que está paralizado pola Xunta de Galicia.
Tal e como detallou o rexedor, o goberno local tamén construíu o de Candeán, Navia e os dous da ETEA, polo que nestes momentos hai sete novos sete pavillóns construídos ou en proceso de construción. Adicionalmente, tamén se realizaron reformas integrais nas instalacións de Monte da Mina, e de Sárdoma, ás que hai que sumar traballos de mellora no pavillón do Carme, na Pista Vermella, en Bouzas, Coia, Teis, Lavadores, Bembrive e Travesas.
Cubrición de patios
O goberno local tamén deu luz verde á contratación do proxecto de cubrición do colexio Canicouva, cun importe de licitación de case 279.000 euros, trátase dunha competencia da Xunta que é suplida polo Concello, tal e como explicou o rexedor. Tamén se están a cubrir os patios do Carballal (285.000 euros) e do Rocío (275.000 euros), e xa está en previsión o do García Barbón (273.000 euros). A esta relación hai que sumar que o goberno local ten en proxecto as cubertas do Pintor Laxeiro e Balaídos, ademais doutras peticións que serán atendidas polo Concello "ante a absoluta indiferenza do presidente da Xunta", todas elas competencia da Xunta, como son: Carlos Casares, Javier Sensat, Doblada, Fontescura, Valle Inclán, Josefa Alonso, Otero Pedraio e Frián-Teis.
Subvencións
Outro dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno foi a convocatoria e bases reguladoras de subvencións para o fomento do emprego mediante proxectos vinculados coa investigación e a innovación. O importe da achega é de 30.000 euros que de outorgarán en réxime de concorrencia competitiva.
Descargar todas as imaxes