xoves, 10 abr 2008
A cidade de Vigo acollerá, entre os días 12 e 14 de setembro, a única proba que se celebrará en España do Campionato do Mundo UIM Powerboat P1, segundo anunciou este xoves o tenente de alcalde, Santi Domínguez, no acto de sinatura do convenio de colaboración co director xeral da Powerboat P1, Jim O´Toole, o promotor deste evento en España e Portugal, Jaime Fonseca, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso.
xoves, 3 abr 2008
As instalacións do Estadio Municipal de Balaídos acollerán este venres, sábado e domingo o Campionato de España sub 13 e sub 17 de squash. Un total de 80 xogadores procedentes de varias comunidades disputarán 240 partidos para decidiren quen leva o torneo.
mércores, 2 abr 2008
Máis de 2.660 amantes do deporte sairán da praia de Samil o domingo 6 de abril, para participar na novena edición da media maratón Vig Bay, segundo anunciou este mércores o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, quen asegurou que un ano máis participará na proba."A Vig Bay ten gañado o prestixio dentro e fora de Galicia a base de moito traballo", subliñou.
xoves, 27 mar 2008
Vigo prepárase xa para organizar xunto con Pontevedra o Mundial de Hóckey sobre Patíns de 2009. Este xoves o tenente da cidade olívica, Santi Domínguez, asinou un protocolo de colaboración co presidente da Comisión Xestora da Real Federación Española de Patinaxe (RFEP), Carmelo Paniagua, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o presidente da Federación Galega de Patinaxe, Enrique García Raposo, co obxecto de iniciar o proxecto de organización deste evento.
luns, 17 mar 2008
A cidade de Vigo contará no 2009 con dúas novas piscinas, xa que a Xunta de Goberno Local aprobou este luns os seus proxectos básicos de execución. As novas instalacións deportivas estarán ubicadas en Barreiro e na Florida.
venres, 14 mar 2008
A visita dos membros da comisión da federación internacional a nosa cidade para evaluar o proxecto será antes do 30 de abril
xoves, 13 mar 2008
A cidade de Vigo conta cunha nova instalación deportiva, coa inauguración este xoves da piscina ubicada na parroquia de Valladares, nun acto que contou coa participación do alcalde da cidade, Abel Caballero, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Esta nova infraestrutura terá xornadas de portas abertas e será de uso gratuito ata o luns 24 de marzo.
xoves, 13 mar 2008
La ciudad de Vigo cuenta con una nueva instalación deportiva, con la inauguración este jueves de la piscina ubicada en la parroquia de Valladares, en un acto que contó con la participación del alcalde de la ciudad, Abel Caballero, el teniente de alcalde, Santi Domínguez, y el concejal de Deportes, Xabier Alonso. Esta nueva infraestructura tendrá jornadas de puertas abiertas y será de uso gratuito incluso el lunes 24 de marzo.
mércores, 12 mar 2008
O dossier entregarase o vernes como estaba previsto, pero todo o staff da FISU tivo que viaxar urxentemente a Belgrado e non podería recibir aos representantes de Vigo
martes, 11 mar 2008
Por 15 votos a favor dos 24 posibles, Vigo é a cidade elixida polo Consejo Superior de Deportes para albergar a Universiada de Verán en 2013, segundo anunciou este martes o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, quen compareceu en rolda de prensa conxunta co alcalde, Abel Caballero, o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, e a directora xeral de Deportes da Xunta de Galicia, Marta Souto, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso.