Pedro Nimo e Marta Fernández serás as estrelas da trixésima edición do Memorial Belarmino Alonso

mércores, 19 nov 2008

Pedro Nimo, tricampión do Memorial Belarmino Alonso (2004, 2005 e 2007), confirmou a súa asistencia á trixésima edición do evento, que hoxe se presentou no Concello. A proba de campo a través máis veterana de Galicia disputarase o próximo día 30 no paseo do Lagares (ponte de San Andrés), circuíto utilizado pola organización, o Comesaña Sporting Club, dende 1990.

Pedro Nimo y Marta Fernández serán las estrellas de la trigésima edición del Memorial Belarmino Alonso

mércores, 19 nov 2008

Pedro Nimo, tricampeón del Memorial Belarmino Alonso (2004, 2005 y 2007), confirmó su asistencia a la trigésima edición del evento, que hoy se presentó en el Ayuntamiento. La prueba de campo a través más veterana de Galicia se disputará el próximo día 30 en el paseo del Lagares (puente de Sano Andrés), circuito utilizado por la organización, el Comesaña Sporting Club, desde 1990.

Iván Pozo protagonizará o Campionato de Europa de Boxeo o 12 de decembro nas Travesas

martes, 18 nov 2008

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou hoxe o Campionato de Europa de Boxeo, que se celebrará o vindeiro 12 de decembro, ás 22 horas, no pavillón das Travesas que enfrentará ao boxeador vigués Iván Pozo con Christopher Rodrigues. As entradas para presenciar o combate poranse á venda mañá no Centro Comercial Gran Vía e a organización porá a disposición do público autobuses dende diversos puntos de Galicia.

O comité organizador presenta o calendario e a imaxe do Campionato do Mundo de Hóckey sobre Patíns Vigo 2009

mércores, 12 nov 2008

O comité organizador do Campionato do Mundo de Hóckey sobre Patíns Vigo 2009 presentou o seu calendario e a imaxe oficiais, tras a reunión celebrada este mércores no Instituto Ferial de Vigo. As competicións desenvolveranse do 3 ao 11 de xullo do 2009 no Instituto Feiral de Vigo e no Pavillón Municipal de Pontevedra cun total de 16 países participantes divididos en catro grupos.

Xabier Alonso anuncia que as Xornadas do Deporte Galego en Navia comezan o venres con Iván Pozo e Paco Amoedo

xoves, 6 nov 2008

A primeira edición das Xornadas do Deporte Galego en Navia inaugúrase o 7 de novembro, nas instalacións da asociación veciñal desta parroquia coa presenza do campión europeo de boxeo Iván Pozo e o seu adestrador, Paco Amoedo, segundo anunciou este xoves o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. O edil destacou a importancia desta iniciativa porque "é novidosa e reflicte o traballo a prol do deporte que están a desenvolver asociacións veciñais como a de Navia".

Xabier Alonso subliña que os orzamentos do 2009 "son os máis importantes da historia do deporte de Vigo"

mércores, 5 nov 2008

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, salientou este mércores que os orzamentos municipais correspondentes ao 2009 son os "máis importantes da historia deportiva de Vigo". O edil explicou que a suma das partidas da Concellería de Deportes e do IMD suman 11.121.000 euros, o cal supón que "seguimos batendo récords na historia do deporte da cidade" e fai posible reforzar o apoio ao deporte de base, apostar polos grandes acontecementos deportivos, respaldar aos clubes federados e manter o impulso ás iniciativas de deporte e saúde.

A sexta edición do "Camiña e coñece" percorrerá o vindeiro domingo a parroquia de Valadares

martes, 21 out 2008

O vindeiro domingo, 21 de outubro, a sexta edición do programa "Camiña e coñece" percorrerá a parroquia de Valadares, segundo anunciaron este martes o concelleiro de Cultura, Xesus López, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Os concelleiros nacionalistas subliñaron que potenciar hábitos saudabeis, como camiñar, e potenciar o coñecemento da nosa cidade son os dous fins fundamentais do "Camiña e coñece", que xa percorreu a zona do Ensanche e Casco Vello, o paseo do Lagares, a parroquia de Candeán, o litoral vigués dende Bouzas ao Museo do Mar e os lugares máis emblemáticos da cidade en relación coas letras galegas.

Xabier Alonso anuncia un acordo coa Xunta para a reforma integral das pistas de atletismo de Balaídos

martes, 14 out 2008

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou hoxe a unha representación da Delegación Viguesa de Atletismo que a reforma integral do estadio de atletismo de Balaídos "é prioritaria" para o seu departamento e avanzou que xa "hai un compromiso da Xunta", a través da Dirección Xeral para o Deporte, para asinar un acordo que permita resolver os problemas dunha instalación anticuada. A solución chegará mediante a sinatura dun convenio de colaboración "que agora xa está na fase de redacción polos técnicos", dixo o concelleiro.

Xabier Alonso convoca á Delegación de Atletismo para informar da reforma integral das pistas de Balaídos

luns, 13 out 2008

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, convocou para mañá martes nas dependencias da Concellería de Deportes, ás 13.30 horas, aos representantes da Delegación Viguesa de Atletismo para informarlles sobre a situación administrativa e de xestión do proxecto de reforma integral das pistas de Balaídos, unha das actuacións que o edil anunciou como prioritaria para este mandato.