Máis de 300 deportistas participarán este sábado na Festa Infantil do Kárate no pabillón do Berbés

xoves, 23 abr 2009

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, explicou hoxe que a Festa Infantil do Kárate que se celebrará este sábado 25 de abril no pabillón municipal do Berbés reunirá a máis de 300 rapaces e rapazas de todas as idades. Segundo o edil "é moi importante que os nenos e nenas se acheguen á saúde e ao benestar a través da práctica deportiva", tema central desta edición.

Xabier Alonso anima a la ciudadanía a disfrutar con los coches clásicos del Rallye Rías Bajas el próximo sábado

mércores, 18 mar 2009

El concejal de Deportes, Xabier Alonso, animó este miércoles a toda la ciudadanía a disfrutar con la "exposición andante" de los coches que participan en la XI edición del Rallye Rías Bajas de Clásicos. Esta prueba, en la que se decidirá el Campeonato de España 2008, se disputará el próximo sábado 21 de marzo, desde las 10.30 horas hasta las 20.15 horas

Xabier Alonso convida ao público de todas as idades a participar nas propostas de "Deporte é só deporte"

martes, 3 mar 2009

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, convidou este martes a persoas de todas as idades a participar nas propostas que ofrece o programa "Deporte e só deporte", que organiza a Agrupación Deportiva Xogara. Durante a presentación do programa, o concelleiro destacou que practicar deporte "é sinónimo de saúde", polo que animou á cidadanía a participar nalgunha das alternativas que integran a programación, como cachibol, kinball ou fútbol sala.<br /> <br />

O Concello aproba o convenio para a construción das novas pistas de atletismo e un pavillón en Candeán

martes, 24 feb 2009

O Concello aprobou na última reunión da xunta de goberno o convenio de colaboración coa Xunta para a construción do novo estadio de atletismo de Balaídos e dun pavillón polideportivo en Candeán. O investimento estimado destas dúas obras ascende a 6.963.953 euros, dos que a Consellería de Cultura e Deporte asumirá casi cinco millóns de euros e os dous restantes sairán dos orzamentos do Concello.

Santi Domínguez asegura que o primeiro Enduro Indoor "ten o espectáculo garantido"

venres, 20 feb 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, fixo hoxe un chamamento a todos os vigueses e viguesas para que "non se perdan o grande espectáculo" que o domingo se vai poder presenciar no primeiro Enduro Indoor "Trofeo Turismo de Vigo". Xunto aos pilotos Xacob Agra, Laila Sanz, Gerard Farrés e Xavi Galindo, o concelleiro salientou que vai reunir aos mellores especialistas desta modalidade nun circuito que "ten o espectáculo garantido".