Escoitar

As piscinas de Teis e Lavadores abrirán o 1 de setembro e o vaso destinado a cursos do Carme o día 7

Tras as obras de eliminación de barreiras arquitectónicas iniciadas en diferentes dependencias municipais, o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou hoxe que as piscinas de Teis e Lavadores entrarán en funcionamento o vindeiro martes, 1 de setembro. Respecto á piscina do Carme, o edil nacionalista indicou que o día 7 abrirá ao público o vaso destinado ao desenvolvemento dos cursos.

xoves, 27 ago 2009
O concelleiro de Deportes subliñou, por outra banda, que a propia piscina do Carme contará dende mañá cunha oficina de atención aos usuarios e usuarias, para satisfacer as solicitudes de información que poidan realizar. "A eliminación das barreiras arquitectónicas representan un elemento fundamental na mellora da calidade de vida da cidadanía", salientou Xabier Alonso, xa que ao seu xuízo supón a materialización "da aposta pola igualdade de oportunidades que defende o BNG nas súas actuacións".