mércores, 26 agosto 2009

O alcalde felicitou á Policía Local e Nacional pola "magnífica coordinación" mostrada no incendio de Jenaro de la Fuente

mércores, 26 ago 2009

Abel Caballero recibiu este mércores ás dotacións policiais que actuaron no incendio acontecido en Jenaro de la Fuente do pasado sábado, e que non rexistrou danos persoais. O alcalde felicitou á Policía Local e Nacional "no nome da cidade" e adiantou asemade que "entre mañá e pasado" recibirá o informe sobre que mida a regularidade o acopio de materias nas obras do Concello.

A III Subida Cidade de Vigo de automobilismo celebrarase os días 29 e 30 nos montes de Bembrive e Beade

mércores, 26 ago 2009

Os montes de Bembrive e Beade acollerán a vindeira fin de semana a terceira edición da Subida Cidade de Vigo de automobilismo, segundo adiantou este mércores o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Na presentación da proba, na que tamén participaron representantes da escudería Racing Sport, da Entidade Menor de Bembrive e da Comunidade de Montes de Beade, o concelleiro nacionalista salientou a preocupación da organización pola seguridade e o medio ambiente "para que Bembrive e Beade non sufran ningún tipo de problema á hora de disfrutar da proba".