Escoitar

O alcalde felicitou á Policía Local e Nacional pola "magnífica coordinación" mostrada no incendio de Jenaro de la Fuente

Abel Caballero recibiu este mércores ás dotacións policiais que actuaron no incendio acontecido en Jenaro de la Fuente do pasado sábado, e que non rexistrou danos persoais. O alcalde felicitou á Policía Local e Nacional "no nome da cidade" e adiantou asemade que "entre mañá e pasado" recibirá o informe sobre que mida a regularidade o acopio de materias nas obras do Concello.

mércores, 26 ago 2009
1251290234policia.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, quixo felicitar este mércores "no nome da cidade" aos axentes da Policía Local e Nacional que actuaron no incendio que asolou o edificio de Jenaro de la Fuente o pasado sábado, incidente que saldouse sen danos persoais.

O alcalde destacou que a actuación das dúas unidades de catro axentes cada unha foi "máis aló" da súa obligación, e salientou a "magnífica coordinación" existente en Vigo entre os corpos de seguridade municipal e nacional.

A coordinación operativa entre ambas policías deu novamente os seus froitos este mesmo mércores, pois tal e como explicou o alcalde, un dispositivo de control conxunto entre a Local e a Nacional detivo a un grupo de delincuentes.

Abel Caballero avanzou ademais que "entre mañá ou pasado" recibirá un informe solicitado para comprobar a regularidade do acopio dos materiais de obra nas mesmas en toda a cidade. O Concello podería proceder atendendo ao resultado do documento.

Os axentes recibidos este mércores polo alcalde foron Jorge Oviaño González, Manuel Alejandro Casal Costas, Antonio Otero Núñez e Jonatan Adrover Pereira -da Policía Nacional- e José Antonio López Santana, Óscar Sánchez Vázquez, Angel Casal Casas, Ramón Cousiño Sendín e David Calvo Estévez -da Policía Local de Vigo-.
Descargar todas as imaxes