Escoitar

O alcalde asegura que os 12 millóns de euros de Teis son "o investimento máis importante feito nunca nun barrio vigués"

Abel Caballero acudiu este xoves a visitar a terceira fase da humanización de Sanjurjo Badía, con "case 2 millóns de euros" de investimento. O alcalde fixo balance das inversións en Teis do mandato actual; 12 millóns en humanizacións, rexeración do barrio con fondos europeos conseguidos, e o paseo en construcción da Guía.

xoves, 27 ago 2009
1251378025teis.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves os traballos de humanización da terceira fase de Sanjurjo Badía, onde asegurou que os 12 millóns de euros destinados a Teis neste mandato municipal son "o investimento máis importante realizado nunca nun barrio vigués".

Xa executada nun 78%, a terceira fase da humanización de Sanjurjo Badía -entre o Barrio das Flores e Julián Estévez- supón "case dous millóns de euros" de investimento, prácticamente a metade dos 4,1 millóns que se destinan á mellora de toda a rúa "en granito de alta calidade". A primeira fase da mellora -entre Barrio das Flores e Pedro Alvarado- cunha inversión de 1,4 millóns xa está finalizada, ao igual que a reforma do entorno do mercado, con medio millón de euros.

O alcalde sumou á humanización da rúa a reforestación do Monte da Guía, de 11.000 euros de inversión. Alí plantaranse 1.400 árbores, castaños e carballos, para recuperar especies autóctonas e abrir o mirador á Ría, agora tapado en parte pola altura das especies invasoras.

Outra partida destinada a Teis é o paseo en construcción de A Guía, 1,5 millóns de euros para gañar unha zona peonil de 750 metros, reestablecer o entorno do faro -"o segundo máis antigo de España", tal e como salientou Abel Caballero- para habilitar alí un mirador pechado ao tráfico rodado.

Nun plano distinto, pero tamén dentro das melloras experimentadas para Teis, o rexedor socialista citou a apertura da ETEA á cidadanía e a reparación proxectada das instalacións e o cambio de trazado do AVE, que xa non partirá ao barrio en dous ao ser cambiada a entrada de zanxa ao túnel que está a ser excavado.

Estas actuacións, sumadas aos 5 millóns conseguidos de fondos europeos para a rexeración de Teis, saldan para o alcalde "a débeda da cidade con Teis", e representa "seguramente a inversión máis importante feito nunca nun barrio vigués".

Fondos europeos
O alcalde tamén avanzou algúns detalles dos proxectos municipais para Teis, incluídos nos fondos europeos destinados ao efecto, unha sorte de Plan Urban que permitirá a recuperación integral do barrio.

Abel Caballero adiantou que o Concello acometerá a humanización do barrio do Toural -"moi degradado" tras "45 anos sen ningún tipo de actuación"-, do Toural de Abaixo e da rúa Foxos, e dunha parte da Avenida de Galicia e de Julián Estévez.

Dentro do plan, o alcalde citou ademáis a elaboración dun paseo litoral desde a praia da Punta ata o límite municipal, con un millón de euros de investimento; e a recuperación da fábrica de conservas Garavilla, preto dun millón de euros para un edificio que será destinado para uso social e/ou cívico.
Descargar todas as imaxes