200 deportistas participarán no Campionato Galego de Natación Alevín que se celebrará o 6 e 7 de xuño
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou este xoves que preto de 200 deportistas participarán no Campionato Galego de Natación Alevín que se celebrará os vindeiros 6 e 7 de xuño na piscina municipal do Carme. Segundo destacou o concelleiro, a celebración desta proba en Vigo reflicte unha vez máis a aposta da Concellería de Deportes polo deporte de base.
Xabier Alonso agradeceu á presenza en Vigo do presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño, así como o feito de que este campionato galego se celebre na cidade. O edil do BNG salientou o impulso que a natación está a tomar en Vigo "grazas ao esforzo que se está facendo na construción de novas piscinas municipais". Ao respecto, Touriño agradeceu ao concelleiro de Deportes o seu apoio tanto ao campionato como ao deporte de base "porque este é o camiño á alta competición". Segundo salientou o presidente da Federación Galega de Natación "Vigo está recuperando o seu pulso no ámbito das piscinas" e asegurou que tenderá a man para que a cidade poda celebrar "a medio prazo" campionatos "de máis alto nivel".
"As cousas están mellorando moito dende hai dous anos", subliñou o presidente do Clube Galaico, Héctor Mariño, quen destacou que se está producindo unha "colaboración moi estreita coa Concellería de Deportes". "Unha boa mostra desta colaboración é a organización deste campionato", indicou. Mariño salientou que os 200 deportistas participantes proceden de 23 clubes repartidos por toda a xeografía galega. "Son o futuro da natación galega e algúns deles nos fai pensar que poderían chegar bastante arriba", destacou.
Descargar todas as imaxes