O alcalde explica en Copenhague a mellora do medioambiente que supón o modelo vigués de humanizacións
Abel Caballero participou este xoves no plenario previo ao peche do Cumio sobre Liderado dos Gobernos Locais no Cambio Climático, que estase a celebrar en Copenhague. O alcalde vigués explicou que o modelo de humanizacións masivas e policéntricas melloran a calidade de vida dos cidadáns e o coidado do entorno. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na sesión plenaria Diálogo Nacional-Local do Cumio mundial sobre Liderado dos Gobernos Locais no Cambio Climático, que estase a celebrar na localidade danesa de Copenhague.
Abel Caballero explicou os detalles do modelo de humanizacións que se está a levar a cabo en Vigo, unhas melloras masivas para unha cidade policéntrica que permiten achegar os servizos aos cidadáns. Un sistema, en definitiva, de ordenación dos espazos peonís e circulatorios que facilita a mobilidade e evita o uso inaxeitado do transporte privado.
O alcalde participou no plenario, aberto a todos os participantes das conferencias e sen ningunha actividade ou sesión paralela, acompañado no mesmo por distintos representantes dos gobernos nepalí, brasileiro e francés, entre outros.
Xunto ás humanizacións, Abel Caballero salientou o papel prioritario do transporte público das cidades sostibles na loita contra o cambio climático. A este respecto, o alcalde indicou que a ordenación da vida cidadá e do tráfico debe combinar o transporte público e os aparcadoiros, ao tempo que resaltou a necesidade de incentivar os vehículos enerxéticamente eficientes.
Abel Caballero, como presidente da Rede Española de Cidades polo Clima, defendeu tamén o papel das entidades locais na loita contra o cambio climático. A Rede que preside o alcalde de Vigo aglutina a 275 concellos que engloban preto de 28 millóns de habitantes.
Copenhague
A cidade de Copenhague reúne estes días a representantes de todo o mundo, baixo os auspicios da organización Cidades e Gobernos Locais Unidos (CGLU), co fin de seguir traballando na "folla de ruta" establecida para promover o papel das cidades e das rexións na loita contra o cambio climático e reforzar a representación dos Gobernos Locais e rexionais ante a comunidade internacional.
O obxectivo deste encontro é adoptar unha posición común e enviar unha mensaxe unificada aos Xefes de Estado que teñen previsto reunirse en decembro na Conferencia das Nacións Unidas (COP-15), tamén na capital danesa, para alcanzar un acordo post-Kioto.