Santi Domínguez asegura que coa colocación das bancadas o IFEVI mellora a súa capacidade organizativa
Nas últimas semanas estase traballando no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) na instalación das bancadas retráctiles, unha infraestrutura que vai permitir que o recinto aproveite mellor as súas capacidades para a organización de todo tipo de eventos. O presidente do Comité Executivo do Ifevi e tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou hoxe que a colocación das novas bancadas "marchan a bo ritmo", de xeito que a actuación estará rematada cando o vindeiro mes se celebre o Campionato do Mundo de Hóckey.
O tenente de alcalde explicou que as bancadas telescópicas permitirán que o recinto feiral teña unha capacidade para máis de 11.000 persoas, das cales 4.900 aproximadamente poderán estar sentadas. "Mediante esta actuación damos un paso máis na modernización do recinto feiral de Vigo coa que damos resposta ás necesidades plantexadas para organizar distintos eventos", subliñou o nacionalista. Segundo Santi Domínguez, a colocación deste novo equipamento "posibilitará dispoñer dun espazo multidisciplinar que permite a celebración de grandes acontecementos, tanto deportivos como musicais".
Unha das principais características técnicas das bancadas consiste en que, en función das necesidades, é posible variar o aforamento das persoas sentadas, dende 100 ata as 4.900. "Nun máximo de dous minutos e sen a intervención de operarios será posible dispoñer da totalidade do aforamento", salienta o tenente de alcalde.
O investimento destinado a esta actuación é de 1.311.200 euros. O proxecto para a instalación das bancadas foi adxudicado, mediante concurso público, á empresa Mondo Ibérica.
Descargar todas as imaxes