Abel Caballero e Alberto Gago reclaman para Vigo un trato acorde á primeira urbe de Galicia
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, entrevistáronse este martes para abordar conxuntamente a situación na que quedan os estudos de Empresariais da cidade así como para coñecer a postura do reitor ao respecto da situación administrativa e territorial de Vigo na súa relación coa Xunta de Galicia.
Sobre os estudos de Empresariais de Vigo, o alcalde informou ao remate da reunión que finalmente salvarase a titulación, pois o vindeiro exercizo escolar de 2009-2010 vaise reiniciar a matrícula de primeiro curso suspendida anteriormente co actual plan de estudos.
Abel Caballero indicou que, no próximo curso 2010-2011, os estudos de Empresariais de Vigo adaptaranse ao Plan Bolonia, co que a demanda tanto do profesorado como do alumnado queda satisfeita.
En relación á situación administrativa e territorial de Vigo, o alcalde manifestou que segue a comprobar que as forzas vivas viguesas demandan e reclaman unha atención directa á cidade.
Abel Caballero e Alberto Gago coindiron en solicitar á Xunta de Galicia que Vigo sexa tratada como merece a primeira cidade de Galicia; o seu peso demográfico e económico reclama unha atención prioritaria, tamén na distribución administrativa e territorial.
Descargar todas as imaxes